itinerario -ria
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao camiño.
-
s
m
Proxecto de percorrido previo a unha viaxe ou marcha.
Ex: Fixaron o itinerario da manifestación cun mes de adianto.
-
s
m
[HIST]
Camiño que se segue para ir dun lugar a outro. Os romanos denominaban itinerarium as relacións de percorridos do Imperio, nas que figuraban unha lista das poboacións que debían atravesarse, a duración do traxecto, a distancia en millia passuum que separaba unha cidade romana da anterior, e os lugares nos que o viaxeiro podía deterse a descansar (mansio). Un dos máis famosos, o Itinerario de Antonino (Itinerarium Provinciarum Antonini Augusti), empezou a compilarse durante o goberno do Emperador Caracalla, entre 211 e 217. Posteriormente sufriu modificacións durante os ss III e IV. Segundo este itinerario o territorio de Gallaecia estaba atravesado polas vías XVII, de Bracara a Astúrica, por Chaves; a XVIII, denominada nova pola súa construción na época flavia, de Bracara a Astúrica, por Ourense, entrando por Portela do Home e saíndo por Valdeorras; a XIX de Bracara a Lucus Augusti e a Asturica; e a vía XX, coa mesma dirección, pero próxima á costa ata Brigantium.
-
s
m
[XEOG]
Método de determinación das posicións dos vértices dunha liña poligonal topográfica baseada na medida dos segmentos determinados por cada paralelo de vértices coñecidos e dos ángulos que forman os segmentos.