ius*

ius*
  1. s m [DER]

    Termo que significa ‘dereito’ e co que se designan os diferentes dereitos entre os que destacan o ius honorarium, dereito fundado sobre os editos dos maxistrados; o ius naturale, dereito que se condidera establecido pola natureza; o ius civile, dereito introducido en Roma trala súa entrada en contacto con outras civilizacións mediterráneas; e o ius gentium ou dereito de xentes.

  2. ius monetae [NUMIS]

    Dereito de emitir moeda que xeneralmente correspondía ao rei.

  3. ius patronatus

    Facultade que, no dereito romano, tiña o patrono sobre o colono, un home libre ligado a perpetuidade á terra doutro para cultivala a cambio dun pago en diñeiro ou en especie. En caso de vender a terra, o colono debía someterse á potestade do novo propietario.

Palabras veciñas

IUPAC | iupik | Iurreta | ius* | iustaglomerular | iva | Iván I Asén de Bulgaria