Kalevala
Kalevala
[LIT]
Título do poema épico nacional finlandés, reconstruído filolóxica e poeticamente por Elias Lönnrot, que obtivo a súa versión definitiva en 1849. Está formado por 22.795 octosílabos trocaicos distribuídos en 50 runot ou cantos, e representa unha fusión de elementos pagáns, cristiáns e históricos, testemuño dun estadio cultural agrícola.