Kannemeyeria

Kannemeyeria
[PALEONT]

Xénero de réptiles dicinodontos, da familia dos kannemiéridos, propios de principios do Triásico, de ata 3 m de lonxitude, cabeza inmensa e peteiro forte e córneo. Foron herbívoros que se alimentaban fundamentalmente de follas e raíces. Os xacementos principais atópanse na República Sudafricana, Arxentina e India.

Palabras veciñas

Kanishka | Kankan | Kankan | Kannemeyeria | Kano | Kano | Kano, Jigoro