Kansas
Kansas
Estado de EE UU, situado no Medio Oeste (213.098 km2; 2.688.418 h [2000]). A súa capital é Topeka. Constituído por un altiplano rochoso inclinado de L a O, a metade oriental ten un clima semihúmido e a occidental semiárido. Os ríos máis importantes son o Kansas, ao N, o Arkansas, ao S, e o Missouri, que marca a fronteira ao NL. A súa economía baséase principalmente na agricultura e na gandería. Na xerarquía da súa rede urbana dominan as cidades de Wichita, Kansas City e Salina.