kappa

kappa

(

  1. s m [LING]

    Nome da décima letra do alfabeto grego <κ>, en minúscula, e <Κ>, en maiúscula.

  2. s m [BIOL]

    Partícula autorreprodutiva que contén ADN. Está presente no citoplasma de certas cepas de paramecios e é liberada polos individuos de cepas chamadas asasinas. Se é inxerida por organismos dunha cepa sensible, é dicir, que non contén partículas kappa, cáusalles a morte. Divídense por escisión binaria, son sensibles a certos antibióticos e teñen as propiedades morfolóxicas e químicas dunha bacteria.