kasugamicina

kasugamicina
Nome científico: [ácido (5-amino 2-metil 6-(2,3,4,5,6-pentahidroxiciclohexiloxi) tetrahidropirano 3-il) amino-iminoacético]
s f [QUÍM/AGR]

Composto de orixe biolóxica que actúa como funxicida-bactericida. Ten carácter preventivo e curativo ante enfermidades producidas por fungos endoparasitos e bacterias. Está autorizado en cultivos de arroz, cítricos, froiteiras e plantas de horta, aínda que pode presentar problemas de fitotoxicidade nalgunhas variedades de pereira.

Palabras veciñas

Kastler, Alfred Henri Fréderic | Kastoría | Kasugai | kasugamicina | Kasukabe | Kasungu | kata*