kazakh

kazakh
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos kazakh ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo kazakh.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo turánido do grupo dos kirguizos que recibiu unha importante achega de elementos de orixe mongol. Habitan principalmente en Kazakhstán, en Xinjiang e nos núcleos industriais de Siberia. Tradicionalmente dedicáronse á gandería nómade de cabalos e ovellas, pero durante o s XX boa parte da poboación sedentarizouse.

  4. s m [LING]

    Lingua da familia turca do phylum altaico, falada en Kazakhstán. Ten tradición escrita desde mediados do s XIX. Inicialmente serviuse do alfabeto árabe e, desde mediados do s XX, do cirílico.

  5. s m [LIT]

    Literatura baseada na poesía popular e en cancións, e cultivada por improvisadores espontáneos, semellantes aos bardos, dos que o máis coñecido foi Zambul Žabajev (1846?-1945). Na literatura moderna destaca Abai Kunanbajev (1845?-1909), que se inspirou en patróns rusos, e Mukhtar O Evesov (1897?-1961), autor de narracións e de obras dramáticas, ademais de filólogo.