kerniterus*

kerniterus*
s m [PAT]

Síndrome neurolóxica debido aos depósitos de bilirrubina nos tecidos do sistema nervioso central, que se manifesta como unha forma grave de ictericia do neonato, especialmente naqueles con incompatibilidade Rh, producida como resultado dunha complicación da eritroblastose fetal. Caracterízase por graves alteracións neurolóxicas, como a perda do reflexo de alarma ou a alimentación deficiente. Maniféstase entre o segundo e o oitavo día de vida.

Palabras veciñas

Kern, George | Kerner, Anton | kernita | kerniterus* | Kerouac, Jack | Kérouané | kerpen