kharxa
(< ár harǧa)
Estrofa breve, escrita en lingua vulgar (románica ou árabe), que figura ao final dunha composición en verso en hebreo ou árabe coñecida como moaxakha, cantiga amorosa composta por poetas cultos arábigo-españois ou hispano-xudeus dos ss XI, XII e XIIII. Anteriores aos vilancicos casteláns e ás cantigas de amigo galego-portuguesas, constitúen a primeira manifestación poética románica da Península Ibérica. Segundo algunhas hipóteses comparte, coas cantigas trobadorescas de amigo, unha tradición folclórica que se reflicte na mesma temática; ambas as dúas están postas na boca dunha moza que se lamenta pola partida, ausencia ou desdén do namorado (amigo nas cantigas galego-portuguesas e habib nas kharxas). M. Stern descubriu e publicou as primeiras vinte kharxas mozárabes en 1948.