kházaro -ra

kházaro -ra
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo kházaro.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo kházaro.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo de orixe incerto que cara ao s VI formou un imperio entre os mares de Azov e Caspio e os ríos Volga e Don. Despois de numerosos enfrontamentos cos musulmáns (661-730) o Cáucaso converteuse no límite entre ambos os dous imperios. A partir do s IX entraron en conflito cos rusos, ata que Vladimiro I de Kiev rematou coa súa hexemonía en 1016, e pasaron a depender de Bizancio. Experimentaron diversas influencias relixiosas: cara ao 740 un dos seus líderes converteuse ao xudaísmo e en 860 recibiron as predicacións de Cirilo de Salónica. Outros núcleos conservaron o seu carácter pagano ou foron islamizados. Ao parecer, as últimas referencias aos kházaros producíronse no s XII.

Palabras veciñas

Khaskovo | Khatami, Mu ammad | Khayyam, Omar | kházaro -ra | khedive | Khémisset, El- | Khenifra