Khmeres Vermellos

Khmeres Vermellos

Grupo revolucionario camboxano que se constituíu como o brazo armado do Partido Comunista Khmer. Dirixidos por Pol Pot, derrocaron o réxime do príncipe Lon Nol e proclamaron a República Democrática de Kâmpuchéa en 1975. Entre 1975 e 1979 estableceron un réxime represivo ao que puxo fin a intervención vietnamita, pero os Khmeres continuaron coa guerra de guerrillas desde as zonas montañosas na fronteira tailandesa. Baixo a nova dirección de Khieu Samphan (1985) e trala retirada do exército vietnamita (1989), integráronse nun consello nacional destinado á pacificación do país (1991), que abandonaron en breve para continuar coa guerra de guerrillas, ata a súa derrota definitiva en 1998. En 2001 foi sancionada en Camboxa a lei que permite xulgar o réxime dos Khmeres Vermellos.

Palabras veciñas

Khmel’nyc’kyj | Khmel’nyc’kyj | khmer | Khmeres Vermellos | Khodzhent | Khodzhent | khoi