Jayona, Mina de La

Jayona, Mina de La

Espacio monumental do municipio de Fuente del Arco, Badajoz, constituído polas galerías dunha antiga mina de ferro. O xacemento explotouse entre 1900 e 1921. No conxunto, inserido nun contexto litolóxico dominado por series sedimentarias calcarias, pódense apreciar, ademais dos resultados da acción antrópica, os testemuños da actividade tectónica, con espellos de falla que, pola súa localización subterránea, apenas resultaron alterados pola erosión. En 1997 a Junta de Extremadura declarouno Monumento Natural.