Joule, efecto

Joule, efecto
[TECNOL/FÍS]

Produción de calor nun condutor ao ser percorrido por unha corrente eléctrica. Débese ao fregamento dos electróns libres cos átomos e os outros electróns. A cantidade de calor producida é dada pola lei de Joule.