judo*

judo*
s m [DEP]

Arte marcial xaponesa, derivada do jujutsu, en que dous loitadores intentan aproveitar a forza do contrario no seu beneficio para derribar o opoñente mediante diversas chaves ou cambadelas. As técnicas básicas son as proxeccións de pé, inmobilizacións no chan, estrangulacións e luxacións. Practícase nunha sala (dojo), sobre un chan máis ou menos brando (tatami), e o loitador viste un traxe branco (judogui), de pantalón e chaqueta, que facilita os movementos. A chaqueta suxéitase cun cinturón dunha cor determinada, segundo o grao de coñecementos do judoka.   En 1882, trala Revolución Meiji que desarticulou as estruturas feudais xaponesas, Jigoro Kano fundou o club Kodokan, en Toquio, e desenvolveu o judo como método deportivo. O xaponés Kawaishi está considerado como o seu introdutor en Europa (1935). Esta disciplina incorporouse ao programa oficial olímpico a partir de 1964, nos xogos de Toquio, para os que se estableceron catro categorías en función do peso corporal dos participantes. As probas para mulleres engadíronse ao programa oficial dos xogos en Barcelona 1992. Hai sete categorías ou pesos, e os combates duran cinco minutos, para os homes, e catro minutos, para as mulleres.

Palabras veciñas

Juday, Chancey | Judd, Donald | judeţ* | judo* | judogui* | judoka* | Jueves, El