Junta Suprema Central y Gubernativa del Reino
Junta Suprema Central y Gubernativa del Reino
Organismo político constituído en 1808 en Aranjuez, con funcións de goberno, pola unificación das diferentes xuntas provinciais que xurdiron ao comezar a Guerra da Independencia. Tratou de harmonizar as tendencias revolucionarias das xuntas provinciais coa actitude conservadora dos sectores do Antigo Réxime, sen chegar a conseguilo. Trasladouse a Sevilla e posteriormente a Cádiz, onde foi substituída por un Consello de Rexencia (xaneiro de 1810).