Hipólito, santo

Hipólito, santo

(s III) Mártir cristián. Como carcereiro gardaba a prisión onde encarceraron a san Lourenzo e, pola coraxe amosada por este ante o martirio, converteuse ao cristianismo. Na iconografía viste clámide militar romana ou armadura medieval, con espada ou puñal ao cinto; e leva como atributos as chaves de gardián do cárcere. A súa festividade celébrase o 13 de agosto.

Palabras veciñas

Hipólita | Hipólito | Hipólito, santo | Hipólito, santo | Hipólito/Hipólita | hipoloxía | hipomenorrea