ikebana*
ikebana*
s
m
[ARTE]
Técnica da colocación nun floreiro, de flores talladas, ramas secas ou verdes, froitos vexetais e pedras, e do seu significado. As súas orixes, como arte floral, atópanse no s VI e teñen conceptos relixiosos, simbólicos e filosóficos. Sufriu unha lenta evolución e deu vida a outros estilos como o rikka, shoka, nagheine e moribana.