Lucía de Siracusa, santa

Lucía de Siracusa, santa

(Siracusa 283? - 304?) Virxe e mártir. De culto moi antigo, o relato da súa paixón di que foi martirizada (304) durante a persecución do Emperador Diocleciano. As súas reliquias, veneradas primeiro en Siracusa, foron trasladadas a Constantinopla e Venecia. Avogosa da vista, ela mesma arrincara os ollos por amor a Cristo ou para mandarllos ao seu prometido, era venerada polas costureiras e aprendizas. Na iconografía represéntase como unha bela moza que viste elegantes roupas e que leva como atributos a palma do martirio nunha man e na outra un prato con dous ollos. Santa Lucía é patroa dos concellos de Cenlle, Larouco, Meaño, Moraña, Pontedeva e é titular de catro parroquias: A Alence (As Nogais), Guntín (Monforte de Lemos), Rairo (Ourense), Rairos (Ribas de Sil) e Vilaboa (A Veiga). A súa festividade celébrase o 13 de decembro, agás en Dumbría onde a celebran o 20 de maio.

Palabras veciñas

Lucí | lucía | Lucía | Lucía de Siracusa, santa | Lucia di Lammermoor | Lucía, Paco de | Luciana, santa