1 l

1 l
  1. s m [ESCR]

    Décima letra do alfabeto galego, denominada ele.

  2. s m [FILOL/LING]

    Grafía que representa o fonema consonántico lateral alveolar sonoro /l/. Realízase como oclusivo [l] en posición explosiva e é posible en sílaba inicial, interior ou final (lapa [‘lapa], alado [‘alaðo], coitelo [koi’telo]); en posición implosiva pode ter unha realización condicionada polo fonema seguinte: velarizado [é], especialmente na secuencia <ál> final e seguido de consoante velar (animal [anĩ’maé], algo [‘aéɰo]), dentalizado alto [‘al9to] ou palatizado colcha [‘kol‘tÙʃa]. Na posición explosiva pode formar grupo consonántico con /b/, /g/, /p/, /t/, /k/ e /f/. Diacronicamente a grafía <l> procede de: a) conservación de L- latino en posición inicial (ler < lat LĔGĔRE), que ademais marca unha das isoglosas (mantemento vs palatalización) que delimitan o territorio lingüístico galego-portugués fronte ao asturleonés. Dialectalmente, na zona fronteiriza co leonés, a variedade galega máis oriental pode presentar formas palatizadas (dial lleite); b) simplificación da consoante xeminada -LL- en posición intervocálica (celeiro < CĔLLĀRĬU), aínda que tamén pode presentar palatalización no galego máis oriental; c) mantense o -L- intervocálico nalgúns casos de cultismo ou semicultismo (calor < CALŌRE) ou pola intervención doutros factores (pelo < PĬLU); e d) cando aparece un <l> en posición final absoluta é porque previamente se perdeu un -E final latino (sol < SŌLE).

Palabras veciñas

Kzyl-Orda | K’ui, Cezar’ Antonovič | L | 1 l | 2 l | L | L-cistationina