labidognato -ta

labidognato -ta
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos labidognatos.

  2. s m [ANIMAL]

    Arácnido da suborde dos labidognatos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Suborde de arácnidos á que pertencen a maioría das arañas. Só teñen un par de pulmóns en libro, e posúen quelíceros articulados perpendicularmente ao plano saxital do corpo. Dentro desta suborde están as familias dos araneidos, salícidos e licósidos, entre outras. OBS: Tamén recibe o nome de araneomorfos.

Palabras veciñas

labialización | labializar | Labiche, Eugène | labidognato -ta | Labidosaurus | labieiro -ra | Labieno, Tito