lacandón -na

lacandón -na
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos lacandóns ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo da tribo lacandona.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Tribo indíxena de América Central da familia maia, que habita no NO de Guatemala e no L do estado mexicano de Chiapas, na rexión montañosa do alto río Usamacinta. Os seus antepasados establecéronse, posiblemente, nesta rexión fuxindo do dominio dos españois durante o s XVII. Vivían en pequenos clans independentes dispersos pola selva tropical, feito que os illou dos outros grupos maias e lles permitiu conservar moitos dos costumes e ritos.

  4. s m [LING]

    Lingua maia falada polos lacandóns.

Palabras veciñas

Lacaille, Nicolas-Louis de | lacaio | Lacan, Jacques | lacandón -na | lacar | lacazán -na | lacazanear