láctico -ca

láctico -ca

(< lat lacte)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao leite.

  2. ácido láctico [BIOQ]

    Líquido incoloro xaroposo que se presenta nas formas isómeras dextroxira e levóxira. É o produto final da glicólise. Aparece nas células musculares dos animais superiores como consecuencia da actividade muscular. Prodúcese tamén na fermentación láctica na que os azucres son transformados en ácido láctico pola acción de certos lactobacilos que interveñen na maioría dos procesos espontáneos de acidificación e, polo tanto, na obtención de leite fermentado (iogures ou quefir), queixos, choucroute, embutidos, produtos de salmoira de carne e de peixe e olivas. Como ácido láctico ou en forma de lactato, emprégase como aditivo alimentario en calidade acidulante, regulador do pH, antioxidante, sinérxico de antioxidante e conservador en multitude de produtos alimenticios.

Palabras veciñas

lacti- | lacticemia | lacticinio | láctico -ca | lactida | lactífago -ga | lactífero -ra