Lactobacillus

Lactobacillus
[MONERA]

Xénero de bacterias, da familia das lactobaciláceas, que teñen a propiedade de fermentar unha gran variedade de substancias con produción de ácido láctico, CO2, etanol e/ou ácido acético. Son redondos, inmóbiles e Gram-positivos. Os seus hábitats naturais son moi variados (boca, tracto intestinal, vaxina ou materiais vexetais). Teñen un grande interese económico, posto que son os responsables da fermentación de produtos lácteos.