lagar

lagar

(< lago)

  1. s m [ETN]

    Depósito onde se prensan algúns froitos, como as uvas, as olivas ou as mazás, para extraerlles o zume que conteñen. Os lagares tradicionais eran de pedra e tiñan forma cadrada ou rectangular; medían arredor dun metro de alto polos catro lados e ían acaroados á parede, normalmente da bodega. Una vez prensados os froitos, o líquido -viño, aceite, sidra- sae por unha biqueira situada na parte inferior e recóllese finalmente nun barcal ou pío.

  2. s m

    Lugar onde está o lagar.