lagoa
(< lat lacūna)
-
s
f
[XEOG]
Extensión de auga que ocupa unha depresión do terreo de menores dimensións ca un lago.
-
s
f
-
Omisión, interrupción ou espazo baleiro na continuidade de algo, especialmente nun texto escrito.
-
Cousa que non se recorda ou se descoñece.
Ex: A avoa ten moitas lagoas da súa infancia. A historia dos primeiros poboadores ten moitas lagoas.
-
-
s
f
[BIOL]
-
Espacio intercelular de dimensións moi variables que presentan certos tecidos.
-
Pequena cavidade ou depresión nun órgano.
-
-
lagoa do dereito
[DER]
Falta de regulación legal producida cando o conxunto de normas de carácter legal non aporta ningunha regulación a unha determinada situación de feito. Neste caso recórrese aos principios xerais do dereito e á interpretación extensiva ou analóxica.
-
lagoa estratigráfica
[XEOL]
Ausencia de depósitos correspondentes a un certo intervalo de tempo nunha serie sedimentaria. Este fenómeno pode explicarse pola interrupción da sedimentación sobre o fondo mariño, pola erosión deste fondo ou ben pola emersión dos depósitos.
-
lagoa legal/da lei
[DER]
Falta de regulación producida cando o ordenamento xurídico no seu conxunto non aporta ningunha regulación a unha determinada situación de feito.
Refráns
- Non bebas na lagoa nin cuspas máis dunha "aceitona".