lagomorfo -fa

lagomorfo -fa
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos lagomorfos.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero da orde dos lagomorfos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de mamíferos da subclase dos placentarios, moi afín aos roedores, que acada entre 12 e 75 cm de lonxitude segundo as especies, de rabo curto ou nulo, patas con uñas e pelaxe densa. De marcha plantígrada, as súas especies teñen as patas posteriores xeralmente máis longas ca as anteriores, para facilitarlles o salto. Os dentes carecen de raíz e son de crecemento continuo. Apareceron hai uns 60 millóns de anos, a finais do Paleoceno. O réxime alimentario é estritamennte herbívoro. A esta orde pertence a familia dos coellos e das lebres.

Palabras veciñas

lagoeiro -ra | lagoftalmía | lagoftálmico -ca | lagomorfo -fa | lagoon* | lagópodo -da | lagorza