Lāhaur ou Lahore

Lāhaur ou Lahore

Capital da provincia de Punjab, Paquistán (5.063.499 h [1998]), situada na beira esquerda do río Rāvi, ao NL do país. É sede da universidade máis importante do país, fundada e 1882. Do seu patrimonio cultural destaca a parte vella da cidade, amurallada, na que se atopa a mesquita de Bādšābi e o mausoleo do Gran Mogol. A fonte e os xardíns de Shalimar foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1981.

Palabras veciñas

Lagunero, José | Lagurus | lahar* | Lāhaur ou Lahore | Lahor | Lahore | Lahoud, Émile