Laio
Laio
[MIT]
Fillo de Lábdaco e rei de Tebas. Casou con Iocasta, coa que tivo a Edipo. O oráculo vaticinoulle que ía morrer asasinado polo seu fillo, así que para evitar esta desgraza abandonouno ao pouco tempo de nacer. Non puido fuxir do destino que lle vaticinara o oráculo e, anos depois, pai e fillo atopáronse no camiño de Delfos e, como consecuencia dunha discusión, Laio morreu a mans de Edipo.