Lalo, Édouard

Lalo, Édouard

  (Lille 27.1.1823 - París 22.4.1892) Compositor francés. De orixe española, as súas composicións sobresaíron pola brillantez e claridade da orquestración e polo seu sentido da melodía. Da súa produción destacan Symphonie espagnole (1875), os concertos para violoncelo (1876) e para piano e orquestra (1889), o ballet Namouna (1882) e a ópera Le roi d Ys (1888), baseada no folclore bretón. O seu fillo Pierre Lalo (Puteaux 1866-París 1943) foi crítico musical.

Palabras veciñas

Lalique, René-Jules | Lalitpur | Lallemand, André | Lalo, Édouard | lalo- | lalofobia | lalopatía