Lamela
Lamela
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Galicia e Asturias. As súas armas traen escudo cuarteado: primeiro, en campo de azul, cinco leóns de ouro, postos en aspa; segundo, en campo de goles, un león rampante, de prata; terceiro, en campo de ouro, unha árbore de sinople e dous lobos de sable, empinados ao tronco; cuarto, en campo de prata, seis panelas de goles, atravesadas por cadansúa frecha, postas 3, 2 e 1.