1 lamia

1 lamia

(

  1. s f

    Círculo de ferro que se coloca arredor da roda do carro para protexela.

  2. s f [TECNOL]

    Círculo metálico unido ao cubo da roda mediante raios ou cun reforzo do mesmo material, que serve de soporte ao pneumático. Unha lamia debe permitir favorecer unha boa ventilación dos freos, xa sexan de tambor ou de disco. As tensións ás que está sometida, rotacionais ou laterais, fan que a lamia teña que ser de construción moi sólida. A súa relación coa dirección fai que se teña que equilibrar para soportar perfectamente a inercia da dirección.

Palabras veciñas

lamentoso -sa | Lameriñas | Lamezia Terme | 1 lamia | 2 lamia | Lamia | Lamía