Lamium
Lamium
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, da familia das lamiáceas, que presenta un cáliz tubular co labio superior da corola cóncavo onde se agochan os estames. En Galicia pódense atopar distintas especies, como L. amplexicaule, L. maculatum ou L. purpureum.