Lancia
Lancia
Fábrica e marca italiana de automóbiles fundada en 1908 polo corredor automobilista Vicenzo Lancia. En 1922 introduciu dúas melloras técnicas fundamentais no desenvolvemento do automóbil: unha carrocería que soportaba carga e a suspensión dianteira independente. Dedicada principalmente á fabricación de automóbiles de gran turismo, incrementou e diversificou a produción con camións, autocares e tractores agrícolas. En 1972 foi adquirida por FIAT.