landa

landa

(

s f [BOT/XEOL]

Formación vexetal de matogueira que se desenvolve de xeito espontáneo sobre solos ácidos sometidos a climas húmidos en substitución do bosque climácico degradado pola actividade antrópica. As ericáceas e as fabáceas son as familias ás que pertencen as especies (breixo e toxo, fundamentalmente) que integran este tipo de formación, que ocupa unha gran parte do territorio galego. Pola súa presenza predominante na paisaxe do arco atlántico europeo adoita denominarse landa atlántica.