lantano

lantano

(< lat científico lanthãnus < gr

Nome científico: [La]
s m [QUÍM]

Primeiro elemento da serie dos lantánidos, de número atómico 57 e peso atómico 138,905. É branco, fúndese a 920°C e ferve a 3.454°C, oxídase en presenza do aire e transfórmase en La(OH)3. Nos seus compostos actúa co número de oxidación +3. É o máis básico dos elementos das terras raras. Íllase dos seus minerais, a monacita e a lantanita, por cristalización fraccionada, por extracción con solventes orgánicos ou por intercambio iónico.