lanterna
(
-
-
s
f
Aparato formado por unha cápsula, onde leva pilas ou acumuladores recargables, unha lámpada eléctrica cun reflector luminoso e un interruptor. Adoita proxectar a luz dentro dun ángulo sólido reducido.
-
s
f
Farol de man cunha cara de vidro e cun mango ou unha asa fixados xeralmente na parte oposta.
-
lanterna xorda
Lanterna na que se pode tapar a vontade a cara do vidro.
-
s
f
-
s
f
[MAR]
Ciborio de vidro que inclúe a óptica do fogo dun faro.
-
s
f
[ARQUIT]
Construción de planta circular ou poligonal que se erixe como remate dunha cúpula ou torre coa finalidade de iluminar os interiores a través dos vans laterais abertos no seu corpo.
-
[ANIMAL/ICT]
-
s
f
Nome que reciben diversas especies de peixes óseos da familia dos mitófidos.
-
lanterna atlántica [Lampadena urophaos atlantica, Fam dos mictófidos]
Peixe óseo, de ata 20 cm de lonxitude, que presenta o corpo alongado e comprimido lateralmente, a maxila inferior un pouco máis saínte que a superior, e a abertura da boca sobrepasa o nivel da órbita. Ten unha soa aleta dorsal, presenta placas luminosas no pedúnculo da cola e fotóforos espallados baixo a liña lateral. Polo día está en augas profundas (ata 1.000 m) e pola noite ascende ata os 50 m.
-
lanterna maderiense [Ceratoscopelus maderensis, Fam dos mictófidos]
Peixe óseo, de ata 8 cm de lonxitude, que presenta o corpo alongado e comprimido lateralmente, unha soa aleta dorsal e moitos fotóforos de cor dourada por debaixo da liña lateral. É de cor acastañada e durante o día atópase entre os 200-800 m de profundidade.
-
lanterna maderiense pequena [Ceratoscopelus warmingi, Fam dos mictófidos]
Peixe óseo moi similar á lanterna maderiense, pero de cor negra e con aletas máis claras.
-
lanterna negra [Notoscopelus elongatus, Fam dos mictófidos]
Peixe óseo, de ata 10 cm de lonxitude, que presenta o corpo de cor negra, a base da aleta dorsal máis longa ca a da caudal e escamas luminosas por enriba e debaixo da liña lateral. Atópase entre os 500-1.000 m de profundidade pola noite e os 45-100 m polo día.
-
s
f
-
lanterna de Aristóteles
[ZOOL]
Aparato mastigador dos equinoideos, formado por cinco grandes pezas calcarias, pirámides cun dente cada unha, con forma de punta de frecha apuntando cara á boca, que se dispoñen radialmente e están conectadas entre si por fibras musculares adxacentes.
-
lanterna máxica
[IMAX]
Aparato no que se fan aparecer por medio de lentes, amplificadas sobre unha superficie branca, figuras pintadas en tiras de vidro e fortemente iluminadas por unha luz situada dentro do aparato.