lanzachamas
lanzachamas
(
s
m
[BÉL]
Arma de guerra que proxecta un chorro de lume, de grande eficacia contra fortificacións e casamatas. Inicialmente foi un dispositivo portátil, cun depósito de líquido inflamable, outro de gas inerte a presión e un tubo de lanzamento con acendido eléctrico. Instalado en tanques, un compresor permite imprimirlle maior alcance a unha cantidade maior de líquido.