lanzar

lanzar

(

  1. v t
    1. Facer que algo ou alguén saia disparado impulsándoo coa man, cun dispositivo ou cun mecanismo.

      Ex: Os nenos lanzan coios ó río a ver quén chega máis lonxe. Polo serán lanzaron o foguete espacial.

      Confrontacións: guindar, tirar.
    2. Facer saír algunha cousa con forza desde o interior de algo ou alguén.

      Ex: O cráter lanzou polo aire todo o seu material incandescente.

      Sinónimos: expeler.
  2. v t

    Facer ou dicir algo en contra de alguén.

    Ex: Mentres o levaba a policía lanzaba insultos contra as autoridades.

  3. v t

    Facer saír do interior con forza ou enerxía.

    Ex: Ó pasar ó seu carón lanzoulle unha mirada ameazante. Lanzou berros de dor.

  4. v t

    Dar a coñecer ou promover algo ou a alguén, especialmente valéndose de medios publicitarios.

    Ex: A editorial lanzou un novo escritor ó mercado.

  5. v t

    Botar pola boca algo que estaba no estómago.

    Ex: Estaba mareada e lanzou o almorzo.

    Sinónimos: golsar, trousar, vomitar.
  6. v t [DER]

    Expropiar mediante un acto xudicial.

  7. v pron

    Deixarse caer con violencia desde un lugar ou por un lugar.

    Ex: Lanzouse ó mar para rescatar o náufrago. Gustáballe lanzarse polo escorregadoiro.

  8. v pron

    Dedicarse intensamente ou con decisión a algo.

    Ex: Lanzouse ó mundo do espectáculo para cumprir o seu desexo.

Palabras veciñas

lanzal | lanzamento | lanzamísiles | lanzar | Lanzarote | Lanzarote | Lanzas, Cristo de
Conxugar
VERBO lanzar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lanzo
lanzas
lanza
lanzamos
lanzades
lanzan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lanzaba
lanzabas
lanzaba
lanzabamos
lanzabades
lanzaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lancei
lanzaches
lanzou
lanzamos
lanzastes
lanzaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lanzara
lanzaras
lanzara
lanzaramos
lanzarades
lanzaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lanzarei
lanzarás
lanzará
lanzaremos
lanzaredes
lanzarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lanzaría
lanzarías
lanzaría
lanzariamos
lanzariades
lanzarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lance
lances
lance
lancemos
lancedes
lancen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lanzase
lanzases
lanzase
lanzasemos
lanzasedes
lanzasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lanzar
lanzares
lanzar
lanzarmos
lanzardes
lanzaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
lanza
-
-
lanzade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lanzar
lanzares
lanzar
lanzarmos
lanzardes
lanzaren
Xerundio lanzando
Participio lanzado
lanzada
lanzados
lanzadas