laranxeira
(
-
s
f
[PLANTA]
Nome que reciben dúas especies do xénero Citrus, C. aurantium e C. sinensis, da familia das rutáceas.
-
laranxeira amarga
[PLANTA]
Árbore perenne, de ata 10 m de altura, que presenta copa redondeada, codia de cor verde e talos espiñosos. As follas son coriáceas, alternas, elípticas ou lanceoladas, de cor verde intensa co pecíolo alado. As flores son de cor branca moi perfumadas, solitarias ou en pequenos grupos axilares, con 5 pétalos e numerosos estames, máis grandes que na especie C. sinensis, e froito, a laranxa amarga, en hesperidio de sabor amargo. Florece na primavera e os froitos comezan a madurar en novembro. É orixinaria de China. Cultívase como árbore ornamental en parques e xardíns.
-
s
f
laranxeira doce
[PLANTA]
Árbore perenne, de ata 10 m de altura, que presenta a copa redondeada e a codia de cor castaña e lisa. As follas son coriáceas, simples, oblongas, elípticas ou elíptico-lanceoladas, agudas no ápice e con pecíolo estreitamente alado. As flores son solitarias ou en acios, de cor branca con 4 ou 5 pétalos e numerosos estames, e o froito, a laranxa, en hesperidio coa codia bastante lisa e de sabor doce ou agre, pero non amargo. É orixinaria do SL de Asia. Cultívase como árbore ornamental e alimentaria nos países do Mediterráneo.