lasiocámpido -da
lasiocámpido -da
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos lasiocámpidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos lasiocámpidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que se caracterizan polo corpo groso e peludo e pola espiritrompa máis ou menos atrofiada. Son macrolepidópteros nocturnos, algúns sen embargo voan de día, coas ás de cores apagadas, aínda que con dimorfismo sexual. As eirugas son peludas, algunhas urticantes, como o anel do diaño, eventualmente gregarias e a miúdo provocadoras de pragas forestais.