laterita
laterita
s
f
[XEOL]
Tipo de solo, duro, propio dos climas tropicais húmidos, que se orixina a partir de rochas silíceas mediante un intenso proceso de lixiviación, non só dos sales solubles e carbonatos, senón tamén da sílice coloidal. A causa deste proceso, as lateritas son ricas en hidróxidos de aluminio e de ferro, e o humus desintégrase rapidamente.