latitude
(< lat latitudĭne)
-
s
f
Extensión que ten un espazo xeográfico.
-
-
s
f
[XEOG]
Distancia angular que hai desde un punto calquera da superficie terrestre ao Ecuador. Mídese en graos (de 0° a 90°) minutos e segundos (sexaxesimais) a partir do Ecuador, xa sexa cara ao N ou cara ao S, seguindo o meridiano que pasa polo punto de referencia.
-
Rexión ou localidade en canto á súa situación respecto do Ecuador. OBS: Adoita empregarse en plural.
Ex: A vexetación varía segundo a latitude.
-
s
f
[XEOG]
-
s
f
[IMAX]
Grao de sobreexposición ou subexposición que tolera un material fotográfico sen estragarse.
-
latitude celeste
[ASTRON]
Ángulo determinado polo plano da eclíptica e a dirección dun astro, que é a recta que pasa polo astro e o centro da esfera celeste. É unha das coordenadas do sistema de coordenadas eclípticas.
-
latitude galáctica
[ASTRON]
Ángulo determinado polo ecuador galáctico e a dirección dun astro que é a recta que pasa polo astro e o centro da esfera celeste. É unha das coordenadas do sistema de coordenadas galácticas.