latón
latón
(< lata)
s
m
[IND]
Aliaxe de cobre e cinc (do 5% ao 45% de cinc) e, eventualmente, pequenas cantidades doutros metais (Pb, Sn, Al, Mn, Si, entre outros). Cun contido de cinc inferior ao 36% o latón forma unha solución sólida de substitución (estrutura monofásica) dunha gran dutilidade, empregada principalmente en operacións de deformación, tanto en frío como en quente. Ao aumentar o contido de cinc, a aliaxe perde ductilidade en frío, pero gaña mecanizabilidade. A resistencia á corrosión é moi elevada no latón con menos dun 15% de cinc. O latón ten numerosas aplicacións en bisutería e ornamentación, fabricación de cartuchos e instrumentos de música.
Ex: Merquei unha caixiña de latón para gardar as moedas antigas.
Citas
- Merquei unha caixiña de latón para gardar as moedas antigas.