latrina

latrina

(< lat latrīna)

  1. s f

    Lugar da casa onde se realiza a defecación ou a eliminación de residuos humanos.

    Ex: Unha das habitacións da vivenda vai ser a latrina.

    Sinónimos: cagadoiro, retrete, váter.
  2. s f

    Lugar onde se depositan os residuos e as augas sucias das poboacións.

    Ex: As latrinas municipais estaban cheas e houbo que limpalas.

    Sinónimos: cloaca.
  3. s f

    Cousa ou lugar que polo seu aspecto ou condición produce repugnancia.

    Ex: A súa habitación parecía unha latrina.