latrunculi

latrunculi
s m [BÉL]

Xogo de estratexia militar propio da Antigüidade e coñecido polos exipcios, os gregos e os romanos. Denominado tamén xogo dos soldados-ladróns, desenvolvíase sobre un taboleiro cuadriculado de 8 por 8 cadros, malia que se atoparon algúns de maior tamaño, e no que cada contrincante debía eliminar ao adversario rexíndose por regras semellantes ás das damas ou o xadrez.