lauda

lauda
  1. s f [LIT/MÚS]

    Himno de tipo relixioso cultivado en Italia desde o s XIII. Inicialmente era unha canción monofónica, cunha probable orixe nos cantos de grupos relixiosos, como o de Francisco de Asís, aínda que con posterioridade adquiriu forma polifónica. Considerada unha precursora do oratorio, continuou existindo ata finais do s XVIII, cun ton cada vez máis popular.

  2. s f

    Cuberta dun sarcófago gravada especialmente coa reprodución da figura do defunto.