Laura
Laura
[LIT]
Dama provenzal amada polo poeta italiano Francesco Petrarca, polo que se converteu na musa inspiradora do seu Canzoniere (1336 e 1366). A obra divídese en dúas partes: In vita di madonna Laura e In morte di madonna Laura. Nunca se puido certificar a identidade da amada, pero podería tratarse de Laure de Noves (1308-1348), esposa de Hugo de Sade, coñecida por Petrarca en 1327. Influenciado polas pautas de amor cortés do dolce still nuovo, Laura converteuse en obxecto de adoración inalcanzable e de paixón inextinguible por parte do poeta, quen alababa as súas calidades físicas e espirituais e se desesperaba na súa visión ou no seu recordo.