Lavandeira
Lavandeira
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople, terrazada do mesmo, sinistrada dun lobo de sable empinante ao tronco. Algúns levan, en campo de azul, un león de ouro, que sostén coas súas gadoupas dianteiras un feixe de tres frechas de prata. Outros, en campo de azul, unha torre de ouro sostida de terrazo de sinople, e saíndo da súa fiestra esquerda, unha bandeira de azul cargada dunha aspa de goles; bordo de goles, cheo.