laxante

laxante

(< lat laxāre)

adx e s m

Aplícase ao medicamento que facilita a evacuación intestinal de maneira natural, sen provocar diarrea. Todos os purgantes son laxantes se se toman en doses pequenas. Hai laxantes que dificultan a absorción (substancias osmoticamente activas: mel, sorbitol, celulosa) e hai os que teñen unha acción excimotora, ben sobre o intestino delgado (aceites, resinas), ben sobre o intestino groso (xofre, fenolfateleína). OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

laxa | Laxa Branca | Laxa Lavada | laxante | Laxas | Laxas | Laxas